martes, 6 de noviembre de 2018

Webinar SmartClassroom Netex

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan dous webinars sobre contidos SmartClassroom da Editorial Netex, enmarcado dentro do Proxecto E-Dixgal

O obxectivo fundamental destes relatorios online, que se van a celebrar os próximos días 14 e 15 de novembro a partir das 18:30 hs, é afondar no modelo pedagóxico dos contidos SmartClassroom desta Editorial.

Coñeceremos como son os contidos SmartClassroom e que funcionalidades nos ofrecen. Os principais temas que se van a tratar son:

- Saber que estudantes están conectados ou non á clase.

- Comprobar quen está traballando nas actividades e que respostas deron.

- Dirixir e bloquear ao alumnado a unha zona concreta da unidade.

- Avaliar preguntas de resposta libre.

- Analizar a evolución do alumnado e as súas puntuacións.

- Reordenar as leccións dunha unidade para cambiar a secuencia didáctica.
- Crear novos contidos (textos, actividades…)

- Analítica

Estas e outras cuestións serán traballadas nestes curtos webinars. Ademais vostede poderá plantexar as dúbidas que teña sobre calquera cuestión destes contidos.

O webinar para os/as docentes que imparten en Educación Primaria será o mércores día 14 ás 18.30 hs, mentres que para o profesorado de Educación Secundaria será o xoves día 15 ás 18.30 hs. O número máximo de participantes por sesión é de 500.

Deberá rexistrarse a través das seguintes ligazóns:

        Primaria: https://attendee.gotowebinar.com/register/3328621214531407884
        Secundaria: https://register.gotowebinar.com/register/5050209033514629389

Reciba un cordial saúdo,

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Xerencia de proxectos de Educación
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

0 comentarios:

Publicar un comentario