Se adjunta la resolución definitiva de centros nuevos admitidos y centros que implementan o renucian a 3º y 4º ESO en el proyecto Educación digital (E-Dixgal) durante el curso 2021/22.
E-Dixgal
Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros
Entorno Virtual de Aprendizaxe
Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO
Mochila Dixital
Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.
Plans de formación
O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.
Servicio Premium
Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es
miércoles, 12 de mayo de 2021
martes, 11 de mayo de 2021
jueves, 29 de abril de 2021
Resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22
Resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22
martes, 27 de abril de 2021
domingo, 25 de abril de 2021
Incorporación de contidos EdebéOn+ nos cursos do EVA
Tabla de contenidos
- 1. Introdución
- 2. Acceso á plataforma EdebéOn+
- 3. Incorporación de contidos EdebéOn+ nos cursos do EVA
2. Acceso á plataforma EdebéOn+
Para acceder á plataforma EdebéOn+ debe premer en "Acceder" no bloque que aparece á dereita no seu curso.
3. Incorporación de contidos EdebéOn+ nos cursos do EVA
A incorporación de contidos EdebéOn+ nos cursos do EVA realizarase completando a información que se solicita en "Asociar contido a este curso" dentro do bloque:
viernes, 23 de abril de 2021
EdebéOn+
O EVA (Entorno Virtual de Aprendizaxe) acaba de incorporar novas funcionalidades dentro da editorial Edebé: EdebéOn+
A plataforma EdebéOn+ ofrece múltiples posibilidades de personalización, o que vai permitir editar e modificar os contidos por parte do profesorado. Desta maneira, é posible crear versións propias das secuencias didácticas, modificar o contido base e/ou integrar contido adicional, de creación propia, ou doutras fontes.
A plataforma EdebéOn+ incorpora estas funcionalidades:
- Edición, modificación e personalización do texto expositivo. O profesorado pode editar e modificar o texto expositivo; incorporar e modificar imaxes que faciliten a comprensión; inserir ligazóns a vídeos e titoriais; incorporar presentacións e animacións...
- Modificación da secuencia didáctica. O profesorado pode modificar a orde da secuencia didáctica, xa que dispón dunha ferramenta que permite ao profesorado personalizar a orde de presentación de contidos e de actividades.
- Creación de novas Unidades didácticas ou proxectos e inserilas no desenvolvemento de secuencias didácticas dos contidos de Edebé.
- Creación e modificación de actividades interactivas axustadas á realidade da clase e á diversidade da aula.
Na seguinte guía recóllense os pasos a seguir para incorporar os contidos EdebéOn+ ás materias do EVA:
lunes, 19 de abril de 2021
sábado, 17 de abril de 2021
Proxecto DIXIT
O Proxecto DIXIT ten como obxectivo principal aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega.
Con DIXIT súmase unha terceira liña de elaboración de contidos educativos innovadores para que a comunidade educativa os poida empregar no ensino dixital: a través de contidos dixitais producidos polos propios docentes dispoñibles no repositorio de contidos de espazoAbalar, a través de contidos dixitais proporcionados polo sector empresarial produtor de contidos na Plataforma virtual de E-Dixgal, e agora a través da unión das capacidades de ambos ámbitos, o docente e o empresarial (DIXIT).
martes, 13 de abril de 2021
martes, 23 de marzo de 2021
martes, 16 de marzo de 2021
O número de alumnos da ESO que empregan o libro dixital en Galicia duplicarase o próximo curso
A Xunta prevé duplicar o número de alumnos de ESO que emprega libro dixital o próximo curso. Anunciouno hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, na rolda de prensa de presentación da nova convocatoria de E-Dixgal para o vindeiro ano académico, na que tomou tamén parte a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.
O titular do departamento educativo da Xunta explicou que a principal novidade da convocatoria para o curso 2021/2022 é a extensión do proxecto aos cursos de 3 e 4º de ESO (ata o momento só se aplica a 5º e 6º de Primaria e a 1 e 2º de ESO). Isto realizarase de forma automática, se así o desexan, aos centros que xa contan con libro dixital nesta etapa “e que nun só curso dobrarán o número de alumnos beneficiados”, sinalou o conselleiro.
Así mesmo, o próximo curso poderán incorporarse un mínimo de 75 novos centros, tanto aqueles que queiran empezar desde cero como outros que xa estean empregando o libro dixital e desexen amplialo a outra etapa educativa. No caso dos que se sumen ao proxecto na etapa de Secundaria, terán o compromiso de ir estendéndoo progresivamente ata completar os catro cursos.
Román Rodríguez explicou que, a día de hoxe, participan no E-Dixgal a metade dos centros públicos que imparten Primaria e Secundaria. “Coas novas medidas desta convocatoria –afirmou– queremos que o próximo curso a metade do alumnado entre 5º de Primaria e 4º de ESO dos centros públicos conte con libro dixital e equipamento informático ao abeiro deste programa”.
Así mesmo, o conselleiro salientou que con estas novidades se ofrece, por primeira vez, a posibilidade de que un alumno galego estude con libro dixital durante seis cursos consecutivos.
Edudixital 2030
Román Rodríguez enmarcou esta medida “no pulo que imos dar á dixitalización e a dotación tecnolóxica do ensino coa nova estratexia Edudixital 2030”, unha folla de ruta que vai integrar equipamentos, contidos e adquisición de competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), e que incorporará a Intelixencia Artificial para todos os niveis educativos, así como o deseño de estratexias docentes ou a introdución de novas técnicas pedagóxicas. “En definitiva, un salto cualitativo na transformación do ensino cara o dixital”, resumiu o conselleiro.
Cinco piares fundamentais
Pola súa banda, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, destacou que o proceso de transformación dixital do ámbito educativo susténtase en cinco piares fundamentais.
En primeiro lugar, as infraestrutura e equipamentos necesarios no centros. Por outra banda, referiuse ao desenvolvemento de plataformas e ferramentas de colaboración educativa. En terceiro lugar, a dotación de contidos dixitais, mediante acordos con empresas especializadas e editoriais. Neste aspecto, a directora da AMTEGA salientou o desenvolvemento de contidos innovadores específicos no espazo Dixit. Este proxecto lévase a cabo nun esquema de colaboración entre o sector tecnolóxico e grupos de traballo formados por docentes de Galicia. En cuarto lugar estaría o soporte técnico a docentes e alumnos. O último piar do é a formación do profesorado, que terá un novo pulo no desenvolvemento do marco galego de competencias dixitais.
Mar Pereira lembrou que a Xunta ten como obxectivo para a extensión do Libro Dixital (E-Dixgal) nos vindeiros tres anos chegar ao 70 por cento do alumnado entre 5º de Primaria e 4º da ESO.
Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22
Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2021/22.
- O prazo de presentación de solicitudes será desde o 17 de marzo ata o 16 de abril de 2020, incluídos.













