E-Dixgal

Educación Dixital - Implantación do libro dixital nos centros

Entorno Virtual de Aprendizaxe

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO

Mochila Dixital

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.

Plans de formación

O desenvolvemento desta iniciativa implica a formación do profesorado e do alumnado.

Servicio Premium

Para solucionar as dúbidas ou as incidencias técnicas no uso do entorno virtual de aprendizaxe, tanto o profesorado como as familias contarán cun equipo de soporte técnico con atención continuada de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, a través do teléfono 881 99 77 01 e no correo electrónico uac@edu.xunta.es

viernes, 15 de marzo de 2019

Maqueta Abalar Libre: Nova versión do actualizador Abalar (versión 1.6)


Xa está dispoñible a nova versión do actualizador Abalar 1.6 que incorpora como principal novidade a posibilidade de desactivar, por parte do usuario, a funcionalidade de actualización automática na versión 18 da maqueta Abalar Libre (versión actual). Esta nova funcionalidade non está dispoñible para as versións anteriores da maqueta.
O actualizador Abalar incorpora dous tipos de actualización, manual e automática, de maneira que cada 30 días realiza actualizacións sen necesidade de ningunha intervención por parte do usuario. Este tipo de actualización automática pode ser desactivada agora por parte do usuario con esta nova versión do actualizador Abalar.











https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/maqueta-abalar-libre/nova/nova-version-do-actualizador-abalar-version-16

jueves, 28 de febrero de 2019

lunes, 28 de enero de 2019

Espazo abalar


ACTUALIDADE DO PROXECTO 28/01/2019

Abalar: A Xunta pon en marcha o grupo de traballo para crear contidos educativos dixitais innovadores no marco do Proxecto Abalar

  • Docentes de diferentes centros educativos xunto con profesionais do sector TIC e do audiovisual elaborarán os recursos empregando tecnoloxías como a realidade aumentada, a gamificación ou a intelixencia artificial
  • Antes de xuño o profesorado do proxecto validará os primeiros contidos empregándoos nas aulas como paso previo á súa integración na plataforma E-Dixgal
  • É unha das medidas previstas para seguir estendendo a educación integramente dixital en Galicia, que xa está presente en 267 centros das catro provincias galegas.


martes, 22 de enero de 2019

O espazo E-Dixgal

Está á disposición de todos os usuarios o espazo "E-Dixgal" no portal EspazoAbalar, onde podemos atopar moita información sobre o proxecto e tamén acceder ás novas que periódicamente se van publicando sobre E-Dixgal.
O espazo E-Dixgal é un portal web en constante evolución.

Actualización de contidos das editoriais

Actualización de contidos das editoriais
viernes, 18 de enero de 2019, 10:39
 
Información sobre as actualizacións de contidos das editoriais.
Para engadir as novas unidades corrixidas de Netex á súa materia, debe incorporalas de novo a través do buscador de recursos.

18/01/2019

aulaPlaneta
Engadidas as últimas unidades do 3º trimestre de Lingua Galega e Literatura de ...

martes, 18 de diciembre de 2018

Información sobre as actualizacións de contidos das editoriais.

Novas Edixgal:

Para engadir as novas unidades corrixidas de Netex á súa materia, debe incorporalas de novo a través do buscador de recursos.

18/12/2018

Netex
  • 5º de Primaria
    • Ciencias Sociais
      • Unidade 2 A representación da Terra. (os meridianos: modificada a forma de expresar a lonxitude)
    • Lingua Galega e Literatura
      • Unidade 4 Non me veñas con ese conto. (erro na resposta exercicio páxina 7)
  • 1º ESO
    • Bioloxía e Xeoloxía
      • Unidade 3 A xeosfera. (corrixidos os exercicios 5 e 7)
    • Valores sociais e cívicos.
      • Unidade 3 A persoa en sociedade. (corrixido erro no exercicio 1)
    • Lingua Castelá e Literatura
      • Unidade 7 La comedia de la vida. (corrixido o exercicio 2 da sección Evalúate)
      • Unidade 10 Es lo que parece (corrixido o exercicio 2 da sección Evalúate e o exercicio 10 da sección Refuerza)
      • Unidade 11 El poder de la imaginación (corrixido o exercicio 8 da páx.2, exercicio 9 da sección Evalúate e o exercicio 3 da sección Refuerza)
      • Unidade 12 Alma viajera (corrixido o exercicio 4 da páx.3 e os exercicios 2 e 6 da páx.5)
aulaPlaneta
Engadidas novas unidades para Matemáticas e Lingua Castelá e Literatura  e os temas do 2º trimestre xunto co primeiro tema do 3º trimestre de Lingua Galega e Literatura de 1º e 2º ESO.
  • 5º de Primaria
    • Matemáticas
      • Proyecto: El Día de las Matemáticas
    • Lingua Castelá e Literatura
      • Proyecto: Cuántos cuentos cuentas
  • 6º de Primaria
    • Matemáticas
      • Proyecto: Mis bellas proporciones
    • Lingua Castelá e Literatura
      • Proyecto: ¿Quién es quién en la historia?
  • 1º ESO
    • Matemáticas
      • Proyecto: Descubriendo a Pi
    • Lingua Castelá e Literatura
      • Proyecto: Biografías rimadas
    • Lingua Galega e Literatura
      • Lingua e reputación
      • A lingua e o medio natural
      • Viaxemos coa lingua
      • Xoguemos coa lingua
  • 2º ESO
    • Matemáticas
      • Proyecto: ¡Empaqueta mejor para contaminar menos!
    • Lingua Castelá e Literatura
      • Proyecto: Embellece tu lengua
    • Lingua Galega e Literatura
      •  Os rexistros da lingua
      • A lingua na ciencia
      • A lingua na Administración
      • Lingua e acción!
Actualizadas as programacións das seguintes materias:
  • 5º de Primaria
    • Matemáticas
    • Lingua Castelá e Literatura
  • 6º de Primaria
    • Ciencias da Natureza
    • Ciencias Sociais
    • Lingua Galega e Literatura
    • Inglés
    • Matemáticas
    • Lingua Castelá e Literatura
  • 1º ESO
    • Inglés
    • Matemáticas
    • Lingua Castelá e Literatura
    • Xeografía e Historia
    • Bioloxía e Xeoloxía
    • Lingua Galega e Literatura
  • 2º ESO
    • Física e Química
    • Inglés
    • Tecnoloxía
    • Matemáticas
    • Lingua Castelá e Literatura
    • Xeografía e Historia
    • Lingua Galega e Literatura

lunes, 17 de diciembre de 2018

Editorial Pearson

Informámoslle que os preto de 21.000 usuarios do Proxecto Abalar, dos 267 centros educativos, contan desde hoxe cun cuarto provedor de Inglés, a Editorial Pearson. Estes contidos complementan ás 750 unidades didácticas de 45 materias dos provedores Netex Learning e Edebé, que están integradas na plataforma do libro dixital, ás que se suman as unidades, recursos complementarios e acceso ao banco de contidos da Editorial Planeta, e aos máis de 3.200 contidos dixitais creados polos propios docentes galegos.
Dentro de cada unha das unidades didácticas da Editorial Pearson, pódense atopar para 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO o Dixital Book (o libro do alumnado incluíndo os recursos multimedia e as actividades interactivas) e as Activities (as actividades interactivas e complementarias ás actividades do libro do alumnado).
Os contidos de Pearson están desenvoltos seguindo os estándares actuais de usabilidadepara o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), dispoñendo dun deseño áxil e dinámico que favorece amplamente a súa utilización. Poden ser empregados polo alumnado e o profesorado tanto  en modo online como co cliente offline. Ademáis, os usuarios con rol docente verán materiais non accesibles para os usuarios con perfil alumnado. Estes materiais son os específicos para o profesorado, como son as programacións  solucionarios, guías e similares.
Os contidos están desenvoltos empregandotecnoloxía responsive, permitindo o uso do contido nos ordenadores, tablets,  smartphones..., garantindo deste xeito a adaptación a todo tipo de dispositivo.
As novas unidades da editorial Pearson xa están dispoñibles no Catálogo do EVA e para engadilas é necesario incorporalas a través do buscador de recursos.

domingo, 9 de diciembre de 2018

Plan Formación aulaPlaneta


miércoles, 28 de noviembre de 2018

Manuais de servizos e aplicacións presentes no equipamento.


lunes, 19 de noviembre de 2018

O caderno de notas de SmartClassroom


viernes, 16 de noviembre de 2018

Elementos aulaPlaneta - EDIXGAL

jueves, 15 de noviembre de 2018

Novas unidades Smart dispoñibles para o 2º e 3º trimestre


jueves, 15 de noviembre de 2018, 09:27
Xa están dispoñibles na plataforma as unidades do 2º e 3º trimestre de contidos Smart de:
  • Lingua Castelá e Literatura 5º Educación Primaria.
  • Lingua Galega e Literatura 1º ESO.
  • Matemáticas 2º ESO.
Con esta actualización os contidos Smart dispoñibles son os seguintes:
  • 5º Educación Primaria
    • Inglés
    • Matemáticas
    • Lingua Castelá e Literatura
  • 6º Educación Primaria
    • Inglés
    • Matemáticas
  • 1º ESO
    • Inglés
    • Matemáticas
    • Lingua Galega e Literatura
  • 2º ESO
    • Inglés
    • Matemáticas

martes, 6 de noviembre de 2018

Webinar SmartClassroom Netex

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizan dous webinars sobre contidos SmartClassroom da Editorial Netex, enmarcado dentro do Proxecto E-Dixgal

O obxectivo fundamental destes relatorios online, que se van a celebrar os próximos días 14 e 15 de novembro a partir das 18:30 hs, é afondar no modelo pedagóxico dos contidos SmartClassroom desta Editorial.

Coñeceremos como son os contidos SmartClassroom e que funcionalidades nos ofrecen. Os principais temas que se van a tratar son:

- Saber que estudantes están conectados ou non á clase.

- Comprobar quen está traballando nas actividades e que respostas deron.

- Dirixir e bloquear ao alumnado a unha zona concreta da unidade.

- Avaliar preguntas de resposta libre.

- Analizar a evolución do alumnado e as súas puntuacións.

- Reordenar as leccións dunha unidade para cambiar a secuencia didáctica.
- Crear novos contidos (textos, actividades…)

- Analítica

Estas e outras cuestións serán traballadas nestes curtos webinars. Ademais vostede poderá plantexar as dúbidas que teña sobre calquera cuestión destes contidos.

O webinar para os/as docentes que imparten en Educación Primaria será o mércores día 14 ás 18.30 hs, mentres que para o profesorado de Educación Secundaria será o xoves día 15 ás 18.30 hs. O número máximo de participantes por sesión é de 500.

Deberá rexistrarse a través das seguintes ligazóns:

        Primaria: https://attendee.gotowebinar.com/register/3328621214531407884
        Secundaria: https://register.gotowebinar.com/register/5050209033514629389

Reciba un cordial saúdo,

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Xerencia de proxectos de Educación
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)